Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Licitados os traballos na rúa melidense de San Pedro

Melide. O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno sacar a licitación a reforma e posta en valor da Rúa de San Pedro. Ditos traballos están incluídos dentro das actuacións previstas polo goberno local para mellorar a imaxe do casco histórico, acondicionando as principais rúas de tráfico de peóns coa supresión das barreiras arquitectónicas existentes.

O proxecto a realizar inclúe a construción dunha rede separativa de augas pluviais e residuais así como o soterramento do cableado de subministración eléctrica de iluminación e de telecomunicacións. A reforma da Rúa San Pedro supón un investimento de 249.782,49€, financiados polo Plan Único de Concellos da Deputación. c.e.

18 may 2021 / 18:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.