Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Limpan en Tordoia o entorno da Xunqueira e do río Pontepedra

Estos días poden observarse en Tordoia labores de mantemento no entorno dos ríos. Trátase dunha actuación posta en marcha pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, nos treitos interurbanos do río Pontepedra e do rego da Xunqueira, nos cales se están a desenvolver traballos de conservación e limpeza. Todas estas tarefas estanse a levar a cabo nos tramos interurbanos destes ríos, que coinciden co seu percorrido por distintos lugares da parroquia de Cabaleiros.

Os labores forman parte das intervencións de mantemento postas en marcha por Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI). As actuacións céntranse concretamente na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como na eliminación de madeira morta e atoamentos existentes.

Unha vez finalizada, os ríos quedarán despexados de maleza, o que posibilitará a circulación fluída das súas augas. Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro. Dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade lembran que manteñen activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

17 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.