Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Luz verde en Oroso ao plan da senda de Marzoa

Oroso. O pleno da Deputación da Coruña aprobou o proxecto da senda de Marzoa, no concello de Oroso, unha actuación moi importante para a parroquia que suporá un investimento superior aos 200.000 euros. A senda, na estrada provincial DP-3802, terá máis dun quilómetro e será fundamental para mellorar a seguridade viaria en Marzoa, tanto dos peóns como dos vehículos, segundo explican dende o Concello.

Chegará ata o límite co municipio de Frades e pasará por diante do local social, que é unha zona moi transitada pola veciñanza. Contará cunha anchura de 1,8 metros e discorrerá pola plataforma existente, inicialmente pola marxe dereita no núcleo de Carballal, para logo cambiar de marxe á altura do local social de Marzoa, onde se conectará co camiño que está disposto para os peóns.

A infraestrutura, unha vella demanda veciñal, sufriu un retraso pola última concentración parcelaria na zona pola que transcurrirá a senda, o que obrigou a reformular o proxecto.

“Estamos moi satisfeitos; é unha senda moi importante para Marzoa e para o día a día dos seus veciños”, afirma Luis Rey, alcalde de Oroso, sobre a mencionada actuación.

Durante a execución das obras, coa fin de preservar a seguridade viaria, executaranse as tarefas primeiro por unha marxe e posteriormente pola outra, “de modo que en todo momento se manterá en servizo un carril para o tráfico rodado”, explican. C. E.

01 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.