Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis de mil persoas desfilaron no concurso do Entroido de Oroso

O Concello de Oroso celebrou o sábado pola tarde con gran éxito o tradicional desfile e concurso de disfraces, con máis de 1.000 persoas polas rúas de Sigüeiro e o pavillón. Na categoría infantil, a gañadora na modalidade individual foi Dama antigua recicladora, mentres que o finalista foi O bombeiro ecolóxico; nos grupos, gañaron Gotitas de fondo de bikini e as finalistas foron Musas das flores, mentres que nas comparsas gañaron As Tanxugueiras de Lembranzas.

Na categoría xeral, gañou Godzilla polo Ulla en individual, mentres que o finalista foi Puntada sen fío; en grupo, foron finalistas Xoán Travolta e Olivia e gañador Toy Story, mentres que nas comparsas gañaron Oroso West e os finalistas foron Mario y Luigi a la carrera. O premio especial do xurado foi para Mamá.

As comparsas participantes saíron ás 17.30 horas do pavillón de deportes e fixeron un percorrido polas rúas de Sigüeiro. O Concello repartiu máis de 3.000 euros en premios. Ademais, procedeuse tamén á entrega de premios dos concursos de máscaras.

O pasado luns 28 de febreiro celebraranse unhas xornadas reposteiras para nenos e, ás 18.00 horas na carpa instalada no exterior de centro deportivo, chegará a quenda da festa de disfraces con photocall. Non haberá merenda como medida de precaución pola situación sanitaria. Será obrigatorio o uso de máscara.

27 feb 2022 / 13:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.