Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Manifestación o vindeiro 11 de xullo pola custodia

MELIDE. A Asociación Galega de Pais e Nais Separados iniciou o pasado día 23 unha campaña de recollida de sinaturas rexeitando a situación de desamparo que están a vivir as fillas de Juan Carlos Varela Varela, a del como pai, avós e demais familia paterna. En decembro do ano pasado ditouse no Xulgado de Arzúa sentenza dándolle ás menores e aos proxenitores a Custodia Compartida, logo de tela solicitado o pai no ano 2017. Ata o día de hoxe aínda non se executou dita sentenza e segundo indican dende a asociación unicamente se estableceu unha convivencia co proxenitor de 6 horas ao mes, cando anteriormente convivían fins de semanas alternas, tardes intersemanais e vacacións por metades. A fiscalía e o IMELGA teñen solicitado ao xulgado o cumprimento urxente da sentenza de custodia compartida. De momento, segundo explicou a este xornal Juan Carlos Varela, levan recollidas unhas 400 sinaturas. Agora, despois de estar protagonizando protestas pacíficas a diario diante do xulgado, convidan a unirse a unha manifestación que levarán a cabo o vindeiro 11 de xullo. O lugar será o mesmo de sempre: o Xulgado de Azúa. Ata o momento, apuntou Juan Carlos, estiveron organizando protestas cun número reducido de persoas pero agora coa futura manifestación buscan facer máis forza e por iso lembran que todo apoio será benvido. A.P.

30 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.