Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melide conta xa cunha mesa de violencia
de xénero

    Melide. O Concello de Melide dá un novo paso na atención ás vítimas da violencia machista coa constitución da Mesa de Coordinación Policial en Materia de Violencia de Xénero- Comisión Técnica de Coordinación contra a Violencia de Xénero. Na constitución estiveron presentes Carmen Liñeira, concelleira de Igualdade, e Isabel Álvarez, xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Galicia. Tamén participaron representantes da Policía Local e da Garda Civil de Melide e do Centro de Información á Muller.

    A edil de Igualdade referiuse á constitución desta mesa como “un novo paso na atención ás vítimas da violencia de xénero logo da incorporación de Melide ao sistema Vioxén” o pasado 2021.

    O principal obxectivo desta mesa é o de garantir a coordinación entre os corpos policiais de Melide e a colaboración cos servizos sociais do Concello. Para iso, farase seguimento das intervencións realizadas nesta materia, procurando a detección de necesidades e a busca de solucións. Do mesmo xeito, a mesa procurará o tratamento integral dos casos de violencia de xénero e o seguimento e aplicación dos itinerarios de coordinación. arca

    10 feb 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.