Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melide destina axudas á natalidade para asentar poboación no concello

MELIDE. O Concello de Melide outorgará axudas a prol da natalidade co obxectivo de favorecer o asentamento da poboación. O importe total das mesmas será de 15.000 €, dos que poderán beneficiarse os pais e nais que estean empadroados no municipio e que teñan ou adopten un fillo no período comprendido entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro do 2021. Entre outros requisitos, un dos proxenitores ten que estar empadroado, polo menos, 6 meses antes do nacemento ou adopción e tanto o solicitante da axuda como o fillo ou filla deberá comprometerse a seguir inscrito no Concello por un período de catro anos. A concelleira de Política Social, Carmen Liñeira, explicou que “as axudas son unha medida máis para evitar o despoboamento, ademais de constituír un apoio de 300 € para cada neno ou nena melidense”. C.E.

22 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.