Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melide prepara para o 12 de outubro unha andaina

MELIDE. O vindeiro 12 de outubro celebrarase a II Andaina dos Montes do Bocelo, unha iniciativa do Concello de Melide e tamén do de Toques, na que colabora a asociación deportiva A:D Cerne. A camiñada, a través da ruta de sendeirismo que une ambos os dous municipios, atravesará o Coto do Pilar, teito da Coruña, o punto máis alto da provincia con 803 metros sobre o nivel do mar. A ruta dende Melide ata o Coto do Pilar ten unha lonxitude de 10,8 quilómetros, mentres que dende Toques ao mesmo punto hai unha distancia de 8,6 quilómetros. Haberá autobuses no Coto do Pilar para o regreso ao lugar de saída. A inscrición pode efectuarse a través da APP Sporttia, presencialmente nas casas do concello de Melide ou Toques, ou ben a través dos teléfonos: 981 505 001 (Melide), 981 505 826 (Toques), 620 60 57 81 (Melide) ou 626 445 816 (Toques). Hai que lembrar que as prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. C.E.

30 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.