Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melide saca a licitación as obras no polígono e nas pistas de San Cibrao

MELIDE. O Concello de Melide saca a licitación varias actuacións de mellora tanto no polígono industrial da Madanela como no acceso a explotacións agropecuarias na parroquia de San Cibrao. Entre as actuacións previstas no polígono industrial, realizarase unha modificación das rotondas para adaptalas ás necesidades dos vehículos pesados e así favorecer a circulación nas mesmas. Tamén se reparará o firme nas rúas que presentan deficiencias. Os traballos de mellora supoñen un investimento de 88.414,93 €, dos cales 73.731,44 proceden dunha subvención da Consellería de Economía, Empresa e Innovación. O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 10 de agosto. Por outro lado, hai ata o 13 para presentar propostas para o arranxo de pistas de acceso a explotacións agropecuarias na parroquia de San Cibrao (69.416,07 €). C.E.

05 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.