Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melide trata de mellorar os viais en mal estado

MELIDE. O Concello de Melide aprobou sacar a licitación as obras de mellora de viais que dan acceso a explotacións agropecuarias e que se atopan en mal estado. As actuacións, cunha distancia total de 1750 metros, inclúen a limpeza de cunetas e a pavimentación con aglomerado de 5 centímetros de espesor, así como a sinalización horizontal do vial. O primeiro dos tramos a reparar terá o seu inicio na N-547 en Riocobo, onde se mellorará a estrada que dá acceso á igrexa de San Mamede do Barreiro, incluíndo as bifurcacións existentes. O segundo dos tramos iníciase no Rañado, na estrada N-547, pasando polo lugar da Torre e finalizará no cruce coa estrada Orois-Maceda. As actuacións realizaranse este ano e supoñen un investimento total de 72.789,15 euros, unha cantidade que estará subvencionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 22/23. C.E.

14 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.