Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melide únese ao programa de formación para maiores de 50 da USC

Trátase da iniciativa denominada ‘Camiños de coñemento e experiencia’

Melide. O Concello de Melide en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) impulsa unha nova iniciativa de participación a través do programa Universitario de Maiores IV Ciclo, dirixido a formación dos maiores de cincuenta anos do concello coruñés.

O proxecto preséntase baixo o título Camiños de coñecemento e experiencia. Trátase dun espazo de encontro e formación entre a Universidade e o Concello de Melide, a través do cal as persoas maiores de 50 anos que desexen participar desfrutarán da aprendizaxe en distintas áreas de coñecemento, como son, por exemplo, as herdanzas en Galicia, o envellecemento saudable ou o cine, segundo informan os promotores da citada iniciativa.

Desde o Concello explican que a formación desenvolverase en sesións de noventa minutos no edificio multiusos de Melide, en horario de tarde, de 16.30 a 18.00 horas, impartíndose sesións expositivas e interactivas así como outras sesións prácticas que se concretan en visitas.

DESENVOLVEMENTO. O programa Camiños de coñecemento e experiencia desenvolverase en Melide durante os vindieiros días 18, 19, 21, 27 e 28 do mes de abril e o día 2 do mes de maio.

Indicar, finalmente, que as persoas interesadas en participar neste proxecto educativo para maiores de cincuenta anos poden inscribirse no departamento de Cultura do Concello de Melide, en horario de 09.00h a 14.00 horas en días laborais. arca

18 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.