Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melloras de Sanidade para Ordes e expulsión virtual do líder do BNG

Reaparece o rexedor recuperado da COVID e agarda abrir a vivenda social o vindeiro ano

Ordes. O pleno de Ordes recibiu ao rexedor despois de ser hospitalizado e pasar a COVID tamén na casa. E na sesión por videoconferencia, na que se expulsou ao portavoz do BNG cando quixo replicar nunha pregunta, deuse conta dos avances da Consellería de Sanidade para o servizo médico na vila, que pasará a prestarse de tarde dende o 11 de xaneiro, e especulouse con abrir a vivenda social do antigo local da Cruz Vermella o vindeiro ano, cando remate a segunda fase das obras.

No que atinxe ao dispensario, incorporaranse dous facultativos médicos, unha persoa de servizos xerais e administracións e un fisioterapeuta, 30 traballadores e un horario continuo de 08.00 a 21.00 horas, aparte do PAC da planta baixa, que manterá toda a súa operatividade.

Este ano 2020 tamén foi incorporada unha traballadora social e executáronse melloras en Pediatría, á espera de sumar unha matrona e un día de pediatra a tempo completo. Os técnicos, finalmente, visitaron as obras de mellora na instalación. Xa nas mocións, houbo unanimidade coa do BNG para actualizar contidos en turismo.gal, e respecto da expulsión de Pablo Vidal, o Bloque lembra que intervir é un dereito do artigo 44.7 do ROF, e o rexedor aludiu ao 42.1.c. c. g.

28 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.