Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mirás pídelle á oposición que non se opoña á circunvalación de Sigüeiro

Non entende que se critique un proxecto que vai “mellorar a vida dos veciños e veciñas”

Oroso. O goberno de Oroso non entende as críticas dos grupos da oposición ante o proxecto da nova circunvalación en Sigüeiro. O rexedor, Manuel Mirás, demanda “altura de miras” posto que argumenta que esta proposta “transformará a mellor a vida

dos veciños de Sigüeiro”. Recalca que dende o goberno “levamos décadas pelexando para que o tráfico pesado de camións e os atascos desaparezan do casco urbano de Sigüeiro” e grazas a este proxecto, asegura, a nova circunvalación permitirá “a humanización integral do tramo urbano da N-550”. As persoas, di, “serán as protagonistas con máis espazos para os peóns, beirrarúas amplias, carril-bici, pouco tráfico e a velocidade reducida”, recalca o rexedor orosán.

O alcalde insiste en que dito plan está “pensado para mellorar a vida dos 4.000 veciños e veciñas que viven no casco urbano e do comercio e a hostalaría”, polo que non comprende “as críticas dunha oposición que tampouco quería a remodelación da glorieta da Foca, cando todo o mundo ve agora os beneficios”, engade.

“Resulta incomprensible que o PP e o señor Doval pidan un pleno extraordinario

un día despois da sesión ordinaria, unha demanda que ademais chega sen proposta de acordo, só lle pido ao señor Doval e ao resto da oposición que nos deixen traballar e que miren polo ben dos veciños e veciñas”, solicita Mirás. Unha media de 3.000 vehículos de transporte pesado e perigoso pasan cada día polo centro de Sigüeiro, “con importantes consecuencias de tráfico e medioambientais, debido ás elevadas emisións de CO2”, lembra. A nova circunvalación partirá da rotonda de saída da AP9, bordeando Sigüeiro polo oeste. A.P.

07 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.