Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O alcalde de Oroso, Luis Rey, visita o obradoiro de emprego de carpintería que se imparte no concello

O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, xunto ás concelleiras de Xuventude, Beatriz Rodeiro, e Ensino, Isabel Fernandez, estiveron esta mañá de visita no obradoiro de emprego organizado pola Mancomunidade de Ordes no que participan cinco veciños do concello.

“Con este tipo de obradoiros melloramos a empregabilidade dos participantes, que obteñen a cualificación necesaria para optar a postos de traballo; aínda que os concellos non temos competencias directas en materia de emprego, temos que facer todo o posible para axudar á nosa veciñanza”, afirma Luis Rey Villaverde.

O obradoiro imparte durante un ano formación teórica e práctica sobre dúas especialidades diferentes: albanelaría e traballos de carpintería e mobles.

En concreto, a formación que se imparte no Concello de Oroso é a de carpintería e mobles. O reparto de prazas foi proporcional en función da poboación dos municipios participantes.

“É unha iniciativa mportante para a xente nova, xa que obteñen unha formación que incrementa as súas posibilidades de inserción laboral”, engade Beatriz Rodeiro.

18 oct 2021 / 13:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.