Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O BNG de Ordes solicita melloras na vía N-550

ordes. O informe elaborado por EuroRAP no ano 2020 sitúa o tramo da estrada N-550 entre os puntos quilométricos 26,8 e 36,9 como o quinto con maior índice de risco de todo o Estado. O citado tramo transcorre integramente polo concello de Ordes e vai desde a rotonda que enlaza coa AC-542 no Mesón do Vento ata o límite do casco urbano de Ordes en dirección a Santiago de Compostela. Desde o BNG instan ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana “a efectuar os estudos precisos para analizar as causas do elevado índice de risco de accidentes que rexistra o citado tramo, a levar a cabo as actuacións precisas para mellorar a seguridade viaria na zona e a adoptar medidas para o calmado do tráfico ao seu paso pola rotonda do polígono industrial de Merelle”. Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, manifesta que “non resulta aceptable que neste tramo se estean a producir accidentes coa frecuencia coa que se están a rexistrar”. b.o.

21 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.