Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O centro de saúde ordense abrirá de tarde en xaneiro

Ordes. A xerencia da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza implanta a atención ordinaria de tarde no centro de saúde de Ordes. Desde o vindeiro mes de xaneiro dous facultativos, unha enfermeira, 1 PSX e un fisioterapeuta atenderán aos ordenses no seu centro todas as tardes laborables. Atención que se vén sumar á asistencia urxente que presta o Punto de Atención Continuada tardes e noites, ademais dos festivos.

Esta ampliación da carteira de servizos no centro, que conta con más de 30 profesionais, vense sumar á incorporación dunha traballadora social a principios deste ano e ás melloras en infraestruturas (obras de mellora en Pediatría) e á adquisición de nova tecnoloxía sanitaria, como o desfibrilador, espirómetro, electrocardiógrafo e un dermatoscopio, entre outros aparatos.

Ademais, ten incorporada a ecografía clínica a súa carteira de servizos, o que amplía a súa capacidade resolutiva e o diagnóstico precoz por imaxe. E desde o mes de marzo incorporouse unha segunda presenza dun médico ás noites de luns a xoves , de xeito que sempre existen dous de garda no PAC. C. G.

27 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.