Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
O Concello organizou unha exposición baseada no documental homónimo de Mabel Lozano, onde se denuncia este negocio que lle rouba a vida a tantas mulleres e nenas // O alumnado do CPI Camiño de Santiago recibiu unha charla en comunicación asertiva e outra de sexualidade libre e corresponsable

O Pino, contra a explotación sexual

O Concello do Pino sumouse, un ano máis, á loita contra a violencia machista e fíxoo con varias propostas, algunhas precederon ao 25N. Unha delas foi a exposición Chicas nuevas 24H na casa da cultura da vila, que estivo acompañada dun taller formativo dirixido á rapazada. Está baseada no documental homónimo da directora Mabel Lozano, e denuncia o negocio da explotación sexual do que son vítimas mulleres e nenas. A peza tamén se proxectou.

Asemade, o Concello, dentro da actividade denominada Lentes violetas, organizou dúas charlas para o alumnado do CPI Camiño de Santiago impartidas pola cooperativa de educación Aventeira. Falarmos bonito: ferramentas para a co municación asertiva, trato dende a non violencia e ética dos coidados estivo dirixida ao alumnado de sexto de Primaria. Pola súa banda, os estudantes de cuarto da ESO abordaron a pornografía e as relacións de poder na ponencia Porno-sotrxs. Sexualidade libre e corresponsable: ferramentas para identificar o poder nas relacións afectivas e facer unha lectura crítica da pornografía mainstream.

Estas foron as actividades que dende o goberno local desenvolveron antes do 25N, pero non rematan aquí. E é que o 30 deste mes, a partir das 17.00 horas, celebrarase no centro sociocultural Luis Seoane o coloquio sobre Submisión química e lei orgánica de garantía integral da liberdade sexual. Esta actividade está dirixida tanto a adolescentes como aos pais e nais co obxectivo de coñecer esta forma de agresión, os seus efectos e como responder a ela.

Por certo que este xoves a ANPA do CPI Camiño de Santiago organizou no centro sociocultural Luis Seoane unha charla para pais e nais sobre relacións afectivas saudables e prevención da violencia de xénero. A psicopedagoga e educadora social Lorena Núñez conduciu esta charla-coloquio na que se analizaron tamén as conclusións das charlas que se celebraron os días 14 e 15 entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago.

25 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
25N
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.