Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pino pedirá a Fomento obras de mellora na N-547

O Pino. A Corporación municipal do Pino aprobou por unanimidade, na última sesión ordinaria do ano, todos os puntos, agás a abstención da oposición no incremento do IPC no recibo da auga para o vindeiro ano. Todos os grupos votaron a favor para aprobar os cinco proxectos presentados para executar o plan de obras de 3 millóns de euros con fondos propios co que o Concello vai crear 12 novos quilómetros de sendas peonís e mellorar diferentes estradas municipais.

Así mesmo, os tres grupos converteron en acordo plenario a solicitude ao Ministerio de Fomento para que acometa obras de mellora na travesía da N-547 ao seu paso pola capital municipal, Pedrouzo. O PP incorporou unha emenda á moción que presentara o PSdeG para solicitarlle ao Ministerio que financie as necesarias actuacións de humanización das avenidas de Lugo e Santiago, como poden ser eliminación de barreiras arquitectónicas, novas redes de sumidoiros, pasos de peóns elevados, novo mobiliario urbano ou beirarrúas. Os tres grupos coincidiron en que Fomento leva moitos anos sen facer ningunha acción de mellora. s. e.

02 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.