Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Pino terá o ano que vén un orzamento de 4 millóns de euros

A maiores, o Concello contará cun plan de obras financiado con tres millóns de euros

O Pino. O pleno da Corporación municipal do Pino aprobou os orzamentos do ano que vén por unha contía de 4 millóns de euros, así como un ambicioso plan de obras financiado con tres millóns de fondos propios que inclúe a construción de doce quilómetros de sendas peonís.

Na sesión plenaria tamén se aprobou o segundo plan de igualdade entre mulleres e homes e a elaboración do terceiro plan 2021-2025. Ademais, déuselle o visto bo a bonificar a contribución a outras dez explotacións gandeiras ou agrícolas (cinco ao 95 por cento e cinco ao 50 %).

Así, o orzamento do Pino para 2022, que foi aprobado cos 6 votos do PP, e rexeitado polo edil do PSOE e os dous do BNG, ascende a algo máis de catro millóns de euros, dos que 700.000 se destinan a investimentos reais e 2,2 millóns a gastos en bens correntes e para pagar os servizos que o Concello lle presta á veciñanza, como a recollida de lixo ou o alumeado público.

Segundo explicou o alcalde, O Pino mantén a cero a débeda cos bancos, polo que tan só ten destinados 200 euros a gastos financeiros e reserva 227.000 euros para transferencias correntes, nas que se recollen as partidas que se trasladan á veciñanza mediante subvencións ou diferentes achegas.

Neste sentido, Manuel Taboada destacou que no orzamento municipal xa figuran catro subvencións nominativas, para a Banda de Música de Arca (12.000 euros), a ANPA (7.000 euros), o CPI (3.000 euros) e a SD O Pino (10.000 euros). m. rendueles

07 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.