Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O punto limpo móbil de Frades abre en Ponte Carreira o percorrido itinerante

Fradesr. O Concello de Frades fai público o calendario coas datas e lugares nos que estará o novo punto limpo móbil que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas entregou a Frades e Mesía.

Cada municipio conta cun caixón para a recollida dos refugallos, polo que só restaba decidir as datas e os lugares nos que se emprazarían ata final de ano.

No caso de Frades, o punto limpo móbil está instalado na praza de Ponte Carreira (Gafoi), onde permanecerá ata o vindeiro 10 de maio. Dous días despois, o 12 de maio, estará no aparcadoiro da igrexa de Aiazo e así ata cubrir as doce parroquias do municipio antes de finais de 2022. “O punto limpo estará unha media de doce días en cada parroquia e nos permitirá achegar a reciclaxe á veciñanza e así facilitar unha correcta xestión dos residuos domésticos”, explica ao respecto Manuel Ferreiro, concelleiro do Medio Rural. arca

07 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.