Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ordes celebrou a tradicional xuntanza dos maiores no pavillón Castelao II

Ordes. Ordes celebrou este sábado a xuntanza dos maiores, un acto ao que asistiu o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo. Durante o encontro lembrou que as persoas de máis idade, ás que agradeceu o esforzo que fixeron durante os momentos máis difíciles da pandemia, poden por fin retomar a súa participación neste tipo de eventos. O director xeral destacou que o Goberno galego apoia ás persoas maiores para que manteñan un ritmo de vida activo alí onde residan.

Neste sentido, sinalou que a Xunta de Galicia “pon en marcha programas e iniciativas que lles permitan realizar actividades e relacionarse coa xente da súa contorna”.

A xuntanza dos maiores comezaba cunha misa ás 13.30 horas ante o pavillón Castelao II (rúa Manuel Murguía). Acto seguido, sobre as 14.30 horas, comezaba o xantar de confraternidade no pavillón Castelao II. Ao seu remate, os asistentes desfrutaban dunha actuación musical.

Para poder entrar no recinto os comensais tiveron que presentar o resgardo de estar inscritos. A entrada ademais estivo organizada de tal forma que os veciños e veciñas do lugar entraron ordenadamente pola rúa Manuel Murguía, posto que non houbo acceso polo interior do colexio Castelao, para a asignación do número de mesa. E é que os participantes na xuntanza xa se inscribiran con antelación nas oficinas xerais da planta baixa do Concello de Ordes, presentando o DNI como identificación. c.g.

04 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.