Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Oroso arranca as obras de mellora viaria en seis parroquias rurais

Os labores iniciáronse nunha pista que comunica os lugares de Ventosa e Cardama

Oroso. A empresa Construcciones Taboada y Ramos vén de iniciar nunha pista de Ventosa, na parroquia de Cardama, a execución dun proxecto de mellora da rede viaria en seis lugares do ámbito rural de Oroso, que suporá un investimento global de máis de 74.000 euros.

Os traballos, que consistirán na dotación dun novo rego asfáltico, comezaron na estrada que comunica os lugares de Ventosa e Cardama e continuarán nos vindeiros días nas pistas dos lugares de Cabanas e Sar (parroquia dos Ánxeles), de San Román de Abaixo (Pasarelos), de Oroso Pequeno (A Gándara) e de O Barral (Vilarromarís).

Este proxecto en execución súmase á recentemente rematada ampliación da calzada do vial que une os núcleos de Requeixo e Eirís, na que o goberno local orosán investiu preto de 75.000 euros, e ás obras anunciadas para os vindeiros meses na parroquia de Senra, ás que se destinarán ao redor de 250.000 euros.

Neste caso, a actuación máis relevante consistirá na dotación de aglomerado na pista Baiuca-Requeixo, cun importe de 160.000 euros, seguida do asfaltado da pista do Formigueiro á estrada da Deputación (40.000 euros), o asfaltado dunha pista en Arderís (30.000) e a mellora da pista das Eiras ata a estrada.

Tamén se atopan a piques de rematar as obras de ampliación das redes de saneamento e abastecemento de auga acometidas no lugar dos Carballos, na parroquia de Deixebre, cun investimento de 110.000 euros. c.g.

21 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.