Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Parada de autobús para Castrofeito

O PINO. A asociación de veciños de Castrofeito presentou xa o pasado 4 de marzo no Servizo de Mobilidade de Lugo unha queixa por mor do funcionamento dos servizos de transporte público que atenden á parroquia de Castrofeito, no Pino. No escrito informaban que “a empresa concesionaria está a omitir a súa parada, provocando que as persoas usuarias que se desprazan a diario a Santiago de Compostela teñan que ir coller o autobús á parada anterior ou posterior”. En resposta á denuncia, dende a Dirección Xeral de Mobilidade informaron á asociación veciñal de que o pasado mes de marzo “se iniciou un traballo de análise conxunta coa empresa titular da concesión e o Concello do Pino” coa idea de acadar unha solución “que mellora a atención do transporte público á parroquia de Castrofeito e a súa conexión con Santiago, mantendo un servizo de calidade para todas as persoas usuarias”. Finalizan respondendo que agardan resolver o problema pronto. c.e.

02 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.