Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Paradas para os orosáns no Campus Sur e Clínico

Oroso. O PSOE de Oroso divulgaba, trala firma do convenio do transporte Metropolitano de Santiago por parte deste concello e o delegado provincial Gonzalo Trenor, que os orosáns terán acceso a dúas novas paradas en Compostela, “unha na contorna do Campus Sur e outra a carón do CHUS”, cun percorrido proposto, a falta de que dea o visto bo a Policía Local, que pasará “pola rúa do Hórreo, Romero Donallo, Avenida Rosalía de Castro, Choupana e Santa Marta”, concretan.

Deste xeito, os socialistas lembran que o seu rexedor, Manuel Mirás, e o santiagués, José Sánchez Bugallo, “mantiveron varios contactos durante o pasado mes de outubro para ver de solucionar a problemática”, derivando nun informe enviado o pasado 26 de novembro “polo concelleiro delegado de Mobilidade de Compostela, Gonzalo Muíños, á Dirección Xeral de Mobilidade na que lle comunica esta decisión”.

No partido que lidera o executivo orosán din que aínda queda “manter unha xuntanza coa Xunta, concellos e empresa” para fixar percorridos, calendario e paradas. m.o.

 
Nombre:
 
Envía tu pregunta:
16 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.