Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Patrimonea e Guido Guía organizan en Touro unha ruta para potenciar os recursos da vila

Touro. Este sábado 21 de xaneiro Patrimonea e o lugués Guido Guía celebrarán unha ruta no municipio de Touro co obxectivo de dar a coñecer un dos bosques de ribeira mellor conservados de Galicia xunto ao extenso patrimonio material e inmaterial que posúe a vila.

O itinerario será duns 11 quilómetros de dificultade baixa-media. Trátase dunha ruta sendeirista interpretada na que os organizadores desvelarán curiosidades e datos históricos para que os participantes obteñan unha ollada ampla sobre o territorio e coñezan parte do patrimonio oculto das terras do Ulla.

Comezará ás 10.00 horas e extenderase ata as 14.00 horas. O programa da actividade incluirá algunha visita adicional sorpresa que permitirá gozar dunha xornada nun entorno rural pouco coñecido e que garda múltiples tesouros.

Para inscribirse é necesario mandar un correo electrónico co nome, apelidos e DNI a patrimoneaulla@gmail.com ou guidoguiaturismo@gmail.com. Os interesados tamén poden informarse de se aínda hai algunha praza no 699 680 217.

O prezo é de 10 euros e o número de participantes é limitado. c. e.

21 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.