Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Patrimonea pecha o ano cunha San Silvestre sendeirista hoxe en Touro

Touro. A empresa local Patrimonea pechará o ano do seu estreno cunha proposta novedosa: unha San Silvestre sendeirista co seu roteiro camiños da historia. O punto de encontro dos participantes será o café bar A Peneira en Fonte Díaz hoxe ás 09.30 horas.

É unha proposta de ocio saúdable para rematar o ano por todo o alto disfrutando da natureza e o rural. A idea de organizar este evento xurdiu de que nestas datas todas as cidades teñen un evento relacionado co deporte para celebrar o peche do ano, sen embargo estas propostas poucas veces teñen lugar en entornos rurais a pesares da potencialidade que ofrecen para programar actividades en enclaves naturais e dunha inmensa beleza. Vai en liña co lema da empresa: Amor polo rural.

Darío Rey Suárez, o fundador de Patrimonea, deseñou un itinerario inédito duns 11 quilómetros que ten como principal interese o seu valor histórico. O inicio ten lugar na carballeira de Brandelos, un enclave natural coñecido polas súas augas mineromedicinais de poder curativo que xa tiñan fama entre os médicos santiagueses no século XIX.

Durante o percorrido recorrerase un entorno caracterizado polo bosque autóctono e a continua presenza da auga, nos que algúns investigadores sitúan a vía romana XIX que unía Braga con Astorga. Esta idea vese reforzada por outros dous puntos estratéxicos que poderán desfrutar os sendeiristas. O primeiro deles é o castro situado no Coto de San Sebastián, o punto máis alto do concello de Touro. Dende este lugar priviliexado os participantes na ruta divisarán unha singular xoia arqueolóxica: o campamento romano de O Castrillón descuberto polo grupo de investigación Romanarmy, no que participan investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, e supón unha auténtica revolución no coñecemento sobre a conquista de Gallaecia por parte das tropas romanas. m.b.

26 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.