Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pide o BNG de Arzúa melloras nas estradas e saneamento en toda a vila

O Concello lamenta a falta de empatía dos nacionalistas ao esquecer plans sociais

Arzúa. Os nacionalistas de Arzúa veñen de presentar ante o alcalde, José Luis García, as súas propostas para o Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña. As peticións, en verbas do portavoz nacionalista Xoán Xesús Carril, xiran “en torno dous eixos: cubrir as necesidades básicas da veciñanza, asentar poboación e xerar postos de traballo”, indica.

Destacan entre elas a elaboración dun plan de arranxo de pistas e estradas ou a planificación e dotación de saneamento e traída de auga a todas as parroquias da vila. Ambas actuacións, sinalou Carril, “moi urxentes”. Céntranse tamén no asentamento poboacional e na xeración de novos postos de traballo. Así, entre os proxectos formuladas contemplan a creación dun viveiro de empresas, que facilite o nacemento “de novos proxectos empresariais”, sinalan.

Por último, insisten na “necesidade de que Arzúa desenvolva o Plan Especial do Casco Antigo, de maneira que poidamos recuperar e dinamizar unha zona de importante riqueza patrimonial no noso concello”, apuntan.

Pola súa parte o goberno local considera que estas propostas son “un exemplo máis dun xeito de facer oposición política dende o resquemor, a apatía, a falsidade e a falta de empatía coas circunstancias vitais ás que se enfrontan todos os veciños e veciñas”. O Concello tacha así aos nacionalistas de pouco “empáticos” coa situación vivida. “Abonda unha ollada por riba a cada unha das súas propostas para decatarse de que son as mesmas de sempre e que para facelas realidade sería necesario o orzamento total da Deputación Provincial”.

Acusan ao BNG de esquecerse dos proxectos de carácter social, das iniciativas de reactivación económica dos sectores máis afectados e reducir todo “a plans, a estudos, a análises, a informes... a intentar desprestixiar o traballo dun goberno municipal que dende o primeiro momento soubo priorizar e actuar para que ninguén se quedase atrás”, sentencian. “Un goberno que sempre mirou para diante e apostou polo futuro aínda tendo que pagar os excesos daqueles anos dourados de goberno do BNG”. A.P.

27 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.