Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Pide un cribado na vila arzuá o BNG

ARZÚA. Os nacionalistas de Arzúa, a través do seu portavoz, Xoán Xesús Carril, veñen de solicitar que se curse petición á Consellería de Sanidade para que se faga un cribado xeral a toda a veciñanza da vila. “Á vista dos datos feitos públicos polo Sergas, comprobamos como nos últimos 14 días os casos de positividade por COVID foron en aumento, cunha incidencia acumulada moi elevada”, indican. Do mesmo xeito, reiteraron a solicitude feita ao alcalde para a convocatoria da comisión de seguimento, “ben sexa presencial ou telematicamente”. Piden asemade ao goberno que teña en conta propostas como “a supresión do imposto do lixo comercial ou a convocatoria dunha liña de axudas para alugueiros”. A.P.

20 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.