Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Prado lamenta a falta de compromiso da Xunta con Melide

Os orzamentos autonómicos non recollen ningunha das súas tres propostas

Melide. O Parlamento galego aprobou o pasado martes 21 de decembro os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2022 e no trámite parlamentario non foron aceptadas ningunhas das tres propostas do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE en relación a Melide.

O proxecto de recondución das augas residuais do polígono empresarial á EDAR era a proposta de maior contía con 1,5 millóns de euros, e busca solucionar un problema que Melide leva arrastrando dende que se construíu e ampliou o polígono por parte da Xunta, sen ningún tipo de sistema de depuración. Jose Prado, afirma: “a ausencia de compromiso da Xunta para resolver a falta dun sistema de depuración no parque empresarial é total, aos atrancos administrativos hai que sumar a ausencia de investimentos”.

A construción dun patio cuberto no colexio da Martagona é unha demanda longamente reclamada pola comunidade educativa, xa que a súa falta, obriga a que os alumnos teñan que pasar moitos recreos nas aulas ou nos pasillos do centro.

O acondicionamento da praia fluvial do río Furelos, foi a terceira proposta dos socialistas, neste caso para tentar resolver definitivamente o problema polo risco da falta de calidade das augas de baño, que aínda que na tempada do 2021 foi “suficiente”, dende o ano 2017 levaba sendo “insuficiente”.

A deputada socialista Begoña Rodríguez e José Prado lamentan a falta de compromiso do Goberno galego co Concello de Melide. m.a.

30 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.