Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recuperarase o firme na vía entre Melide
e Ribadulla

Melide. A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 392.341,18 euros as obras de renovación do pavimento da estrada DP-4603, que conecta Melide co núcleo de Ribadulla, entre os puntos quilométricos 1+070 ao 5+821. Os traballos están incluídos na terceira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais.

O proxecto contempla a recuperación do firme dunha vía que na actualidade presenta un importante deterioro como consecuencia do paso do tempo, dos efectos climáticos e do volume de vehículos que rexistra en diferentes tramos. As obras inclúen o saneamento da capa superficial do pavimento coa dotación dun novo estrato de mestura asfáltica en quente que permitirá asegurar as condicións de seguridade para o tráfico rodado. Unha vez concluída esta fase da actuación executaranse tarefas de sinalización e balizamento da vía.

Unha vez adxudicados os traballos, as obras comezarán este mesmo outono. O tráfico, informan dende a entidade, permanecerá limitado a un só carril durante a execución das mesmas para poder manter en servizo a conexión en todo momento. Unha vez iniciada a intervención, o prazo para executalas será de dous meses. c.e.

03 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.