Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reforman o Parque da Feira de Arzúa situado en pleno núcleo urbano

A obra está financiada pola Deputación da Coruña cun orzamento de 133.946 euros

Arzúa. A Deputación da Coruña financiará con 133.946 euros o proxecto de mellora do Parque da Feira do Concello de Arzúa, situado no núcleo urbano e que presenta un elevado estado de deterioro na actualidade.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Arzúa, José Luis García, asinaron o convenio polo que a Administración provincial destinará 133.946,94 euros, o que supón o 80% do custo total do proxecto, que ascende a 167.433,68 euros. No acto participaron tamén a concelleira de Obras, Servizos e Turismo, Begoña Balado Conde, e o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira.

O obxectivo da actuación é o acondicionamento da explanada, demolendo os pavimentos pétreos existentes, levantando as escaleiras e tamén outros 62,5 metros cadrados para a colocación de tres novas árbores autóctonas coa correspondente superficie vexetada no contacto do Campo da Feira coa rúa Fraga do Rei.

Posteriormente executarase un novo pavimento formado por lousas rectangulares de granito silvestre moreno e instalarase o sistema de rega, que contará con 23 difusores emerxentes e 541 metros de tubaxe.

Previamente ó inicio dos traballos procederase á retirada dos elementos de mobiliario existentes (varandas, bancos, fonte e papeleiras) para o seu acopio e posterior reubicación ao remate das obras. Ademais, no espazo público tamén se colocarán catro bancos novos para disfrute da cidadanía.

Trátase desta forma dunha necesaria actuación ao atoparse o Parque da Feira en pleno núcleo urbano e presentar asemade un mal estado de conservacaión. D.C.

29 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.