Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reivindican a igualdade na comarca Melide-Arzúa

o mes iniciativas polo 25-N

Aproxímase o 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e os concellos da comarca Melide- Arzúa xa están a pór en marcha dende principios de mes iniciativas que tratan de concienciar sobre a igualdade.

Melide arrancou as inicitivas polo 25-N xa o pasado día 3 cun curso especializado dirixido ao persoal policial do Concello co obxectivo de reforzar a formación dos e das profesionais implicados na prevención, atención e integración das vítimas de violencia de xénero. O día 9, o alumnado do IES da vila asisitiu a un obradoiro no que se traballou sobre un texto que escribiu Rosalía de Castro en 1858, considerado o primeiro manifesto feminista. Pero as inicitiavas continúan. O día propio, o 25, a radio municipal “terá unha programación especial para dar visibilidade a unha lacra que continúa presente na nosa sociedade”, apuntan dende o goberno local. Ademais, o Concello forma parte da campaña Melide en negro, onde por medio de carteis os centros educativos e os comercios locais amosarán a súa repulsa á violencia machista. Adheriuse asemade este ano á da Deputación provincial, De fronte contra a violencia de xénero, unha campaña e un programa de actividades que apelan directamente á implicación dos concellos da provincia, estendendo o chamamento á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo e empresarial e ás familias.

Na vila arzuá, o alumnado do centro de formación Efa Piñeiral puxo en marcha este ano unha orixinal propostas denominada Lingua denuncia. Este interesante proxecto céntrase no aspecto lingüístico, detectando e evidenciando frases, ditos ou expresións en lingua galega que resultan violentas en materia de xénero.

Froito do traballo e recompilación do alumnado confeccionouse unha lista con preto dun cento de propostas.

De entre todas elas, o xurado escolleu un total de once, que se verán materializadas nunha camiseta deseñada no propio centro. Así, a actividade continúa, con ánimo de acabar con esta lacra social.

17 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.