Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rúa para Ramón Carro en Ordes

Foi nomeado fillo predilecto do municipio en 2010 // Presidiu a empresa CRC Obras y Servicios, unha das 50 maiores de Galicia // Feijóo asistiu á homenaxe dun persoeiro envorcado coa súa vila

Era un compromiso que por fin aboou o Concello de Ordes: Ramón Carro Romero, veciño falecido e presidente dunha das 50 maiores empresas de Galicia (CRC Obras y Servicios), ten por fin unha rúa (a antiga Nova) adicada nesta vila. E ata o propio Alberto Núñez Feijóo non quixo perder este merecido tributo.

O presidente da Xunta, que estivo acompañado pola viúva Aurora Nouche; o delegado territorial na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde José Luis Martínez, enxalzou a traxectoria do fillo predilecto, destacando “a súa achega ao desenvolvemento do Concello de Ordes e de Galicia”.

Durante o acto de inauguración da rúa, Feijóo salientou a importancia de manter vivo o legado e o recordo de todas aquelas persoas cuxas vidas supuxeron a mellora de outras, como este industrial falecido no ano 2012.

Así, ademais de destacar o labor do fundador dunha das maiores construtoras de Galicia, reflectido na súa aposta pola internacionalización e a innovación, o presidente da Xunta lembrou o seu compromiso coa comunidade, xa que Ramón Carro nunca deixou de asentar no municipio no que naceu a súa principal base de operacións.

Ramón Carro Romero empezou a forxar o seu imperio cando tiña apenas 15 anos, en 1954, e daquela comezou a traballar para o seu pai, Ramón Carro Fernández, fundador da compañía familiar. Abandonou a presidencia, por xubilación, no 2009, e o seu aporte á economía foi recoñecido co nomeamento. O acto contou coa Policía Local.

31 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.