Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Só o BNG de Ordes rexeita as sancións recadatorias da ordenanza de terrazas

O pleno de Ordes aprobou, cos votos a favor do PP e PSOE, máis a abstención dos non adscritos, unha modificación na ordenanza reguladora das terrazas que incrementa sancións ata un máximo de 150, 450 e 3.000 euros. E só o BNG opúxose, criticando o “afán recadatorio” por incrementar ata dez veces as multas, e reclamando tamén máis distancias.

Do mesmo xeito, os nacionalistas interesáronse pola demora en aprobar o Plan Xeral fronte a outros concellos que o fixeron na metade de tempo. Tamén pediu que o local da Cruz Vermella se adique a aluguer social, xa que desde 2019 non se empregou pra tal fin, e esixiu a limpeza de colectores. Sí que saiu adiante por unanimidade a iniciativa para evitar o sacrificios na canceira, e o PSOE, pola súa banda, propuso pictogramas en espazos públicos; que arranxen a greta no paseo da avenida de Cerceda e pediu máis seguridade no acceso ó CEIP do Mesón.

E, fora do pleno, veñen de publicar a licitación das obras de acondicionamento da casa da cultura. En total o orzamento da intervención prevista en esta infraestrutura ascende a 383.453 €. Desta cantidade 250.000 € serán sufragados pola Xunta de Galicia en dúas anualidades (2021-22), correndo a conta do Concello a cantidade restante, tal e como se acordara no Consello da Xunta a comezos do mes de setembro. As obras previstas suporán unha importante mellora nas condicións de eficiencia enerxética, e tamén se levarán a cabo diversas reparacións que afectarán ao acondicionamento acústico e á climatización.

01 oct 2021 / 19:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.