Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tania Méndez e José López son os gañadores de ‘Touro en imaxes’

Cada unha das obras que se presentaron a esta 15 edición van ser expostas ao público

Touro. Un ano máis, e con este xa van quince, o Concello de Touro puxo en marcha o seu concurso fotográfico ‘Touro en Imaxes’, un certame que trata de amosar toda a beleza paisaxística e cultural que engloba o municipio. Desta vez, debido á pandemia, non puido celebrarse un acto oficial para entregar os galardóns, pero o xurado reuniuse para seleccionar as imaxes.

Froito desa análise xurdiron as melloras obras: O camiño do holandés (vía láctea) sobre o coto de San Sebastián visto dende o camiño do holandés, cuxa autora é Tania Méndez, que recibiu o premio no apartado de Adultos Natureza. A outra foto destacada foi Luz celestial, na sección de Adultos Patrimonio, de José López. Dende o Concello agradecen a participación de todos os fotógrafos que enviaron obras para concurrir a unha nova edición do certame, e por suposto, tamén felicitan aos gañadores.

O goberno local aposta con esta iniciativa pola revalorización do seu patrimonio natural e cultural e destaca que apreciar as imaxes participantes “supón unha oportunidade para gozar polos diferentes camiños de Touro da súa beleza paisaxística e cultural”. Todas as fotografías enviadas serán expostas ao público, segundo aclaran fontes municipais.

NOVO PARQUE Por certo que o Concello xa ten moi avanzadas as obras de mellora do parque do Campo da Festa de Fonte Díaz. A nova área de xogos estará composta por un chan de caucho de cores, e contará cunha torre multiaventura con xogos para nenos e nenas de 1 a 12 anos, cun submarino para pequenos de ata sete e unha trepa-escalada. Haberá murais na parede con diferentes actividades lúdicas. O presuposto é de 33.556 euros. a.pRADA

07 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.