Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

TGM recadou 2.000 euros na Clásica para a Cociña Económica

A edición máis solidaria da carreira que organiza a firma arzuana celebrouse de xeito virtual para cumprir cos protocolos da covid

A Clásica de Toldos Gómez celebrou entre os días 17 e 27 de setembro a súa IV edición, este ano cunha versión virtual para cumprir coas recomendacións sanitarias. O encontro, no que participou a bebida isotónica Artio e colaborou o Concello de Arzúa, tivo un carácter moi solidario. Por cada participante na proba adulta a empresa arzuana doou 10 euros: 5 euros á Cociña Económica da Coruña e outros 5 euros á sede de Santiago de Compostela. Así conseguíronse recadar 2.200 € para axudar a paliar os efectos que a pandemia deixa nos máis desfavorecidos.

A solidariedade tamén tivo premio: cinco vales por valor de 50 euros para fomentar o comercio local. A lista de gañadores ou gañadoras está na web da carreira e nas redes sociais. E é que para agradecer a participación, Toldos Gómez tamén anunciou cinco premios, catro para a categoría de adultos e un para a categoría infantil. Son cinco vales de compra valorados en 50 euros que servirán, ademais, para apoiar ó comercio local, que tan afectado se viu pola pandemia.

No caso dos adultos son: 50 euros por sorteo entre todos os/as participantes, 50 euros para o participante máis novo, 50 euros para o de maior idade e outro tanto para o/a que participe dende máis lonxe. Na categoría infantil, prémiase con outro vale ao mellor debuxo. Para poder empregar ditos premios, os gañadores deberán entregar o ticket ou tickets de compra dalgún comercio da súa localidade con data posterior ao 28 de setembro. A continuación, Toldos Gómez abonará o importe en efectivo nun prazo máximo de 30 días.

No caso dos adultos, na cuarta edición da Clásica, que foi virtual para evitar riscos, cada un puido escoller cando e por onde saír a percorrer os 10 quilómetros da proba entre os días 17 e 27. Despois, tiveron que subir unha fotografía da súa marca á web da carreira, comprobándose así que cumpriran co obxectivo. Houbo tamén espazo para os nenos e nenas que puideron participar enviando debuxos sobre o deporte ou os toldos.

30 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.