Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Toldos Gómez quere recaudar 3.000 € para a Cociña Económica

A empresa arzuana organiza a IV Clásica TGM que este ano será unha carreira virtual

Arzúa. Os amantes do deporte xa teñen unha nota cita no seu calendario: a IV Clásica TGM-Toldos Gómez. Trátase dunha das carreiras máis populares do territorio que volve nesta ocasión cunha versión virtual e cunha cara máis solidaria. O obxectivo principal desta 4ª edición será recadar 3.000 euros para a Cociña Económica, e axudar deste xeito a paliar os efectos negativos que a pandemia esta a deixar na sociedade.

Segundo explican, a inscrición será totalmente gratuíta e TGM-Toldos Gómez doará 10 euros por cada unha das persoas que participen e rematen o percorrido. Desta forma, por cada corredor ou corredora, destinaranse 5 euros á Cociña Económica de Santiago e outros 5 á da Coruña. A cita contará coa marca de bebida isotónica Artio.

Para evitar contaxios e de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias, a IV Clásica de TGM-Toldos Gómez trasladarase a un entorno máis virtual. Cada un dos participantes poderá escoller en que momento entre os días 17 e 27 de setembro quere saír a percorrer os 10 quilómetros, así como tamén por onde o vai facer.

Os maiores de 16 anos deben inscribirse na web da carreira. Unha vez percorridos os 10 quilómetros, terán que compartir unha captura de pantalla da súa marca con calquera aplicación do móbil que empregue para rexistras os quilómetros e o tempo. Para máis información chamar ao 902 13 22 33 / 981 50 02 02 / 606455714 ou na web@toldosgomez.com ar ca

18 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.