Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tordoia anima á veciñanza
a iniciarse na compostaxe a través dun obradoiro o 28

Despois do curso vaise entregar un composteiro e un remexedor ós asistentes e un manual de instrucións

Tordoia. O Concello de Tordoia está moi implicado nas iniciativas medioambientais, ata tal punto que acaba de crear unha web (www. tordoiaverde.es) na que se irán publicando todas as novidades no municipio arredor desta materia. Demomento xa poden atoparse na páxina novas sobre as vantaxes da compostaxe doméstica.

E é que o goberno local, co ánimo de incentivar á veciñanza a introducirse nesta práctica, celebrará o vindeiro luns 28 un obradoiro na casa da cultura. O prazo para anotarse abriu onte e, en verbas do rexedor Antonio Pereiro, está a ser todo un éxito posto que “xa recibimos sesenta solicitudes”. O curso, que será impartido por unha experta na materia, desenvolverase en dúas quendas: unha sesión será pola mañá ás 11.00 e outra pola tarde, ás 16.00 horas, e durarán 30 minutos. Unha vez remate a charla, entregaranse un composteiro e un remexedor a todos os asistentes.

Antonio Pereiro sinalou que o Concello acaba de mercar un total de 150 grazas a unha subvención de Medio Ambiente. “Ata o momento repartíramos 50 doados por Sogama”, lembra. Desta vez, engade, a parte de repartilos de balde entre a veciñanza, tamén lles entregarán un manual sobre a correcta compostaxe e unha experta realizará cada certo tempo un seguimento a todas as familias para asegurarse de que o fan correctamente.

Os que desexen anotarse terán como data límite o propio luns 28 no teléfono 981 690001. Hai que lembrar que para manter as debidas distancias de seguridade as prazas son limitadas. A.P.

22 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.