Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tordoia crea unha nova web para chamar aos turistas

Tordoia. O Concello de Tordoia acaba de crear unha nova ferramenta para facilitar a información turística do municipio. Trátase dunha páxina web que está enlazada coa municipal e con códigos QR que permiten ter xeolocalizados os puntos de máis interese das dúas rutas de sendeirismo do concello.

A web está pensada e adaptada para o teléfono móbil e ofrece mapas, material fotográfico e información sobre os diferentes recursos naturais, arqueolóxicos ou aquitectónicos, que se poden atopar polas rutas PR-G 88 de Bardaos a Castenda e PR-G 89 de Santaia a Cabaleiros.

Para acceder a esta información non hai máis que entrar en tordoia.gal e dirixirse ao apartado Web Turismo Tordoia, que pode verse nun lateral. Con esta nova páxina póñense en valor a arquitectura da vila (o dolmen de Cabaleiros), a súa historia e a fervenza de Santaia, e danse a coñecer tamén as distintas áreas recreativas do concello: a de Folgueiras, a de Rega, a de Mordón, empalme de Anxeriz e a de Pedra Longa.

“Esta actuación busca a posta en valor do patrimonio municipal, amosar as nosas potencialidades e aproveitar as sinerxias na xeración de riqueza que ten o turismo”, indican fontes municipais. c.e.

25 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.