Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tordoia pon punto e final á campaña do comercio

Tordoia. Hoxe é o último día no que os veciños e veciñas de Tordoia poderán conseguir completar un dos boletos que lles permitirá participar no sorteo de tres vales de cen euros cada un. Chega así ao seu fin a campaña do comercio local, que o Concello puña en marcha a finais de novembro con ánimo de incentivar o gasto nos negocios da vila, aproveitando o Nadal.

Os que aínda non participaran nesta iniciativa, ou que queiran seguir probando sorte, están hoxe a tempo de facelo. Terán que completar un bono con seis selos (obtéñense ao gastar un mínimo de 10 euros e poden ser do mesmo local), e logo depositalo nunha das urnas colocadas en calquera dos establecementos participantes.

O sorteo dos tres vales realizarase o vindeiro día 1 de febreiro na casa consistorial e hai que ter en conta que o importe económico terá que gastarse nos comercios de Tordoia. O rexedor, Antonio Pereiro, amósase moi satisfeito co éxito da campaña, na que tamén participaron supermercados. Xunto a esta tamén hai que destacar a de Arzúa, á que aínda están a tempo de anotarse os locais antes de que arranque. A. Prada

30 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.