Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tordoia presume de patrimonio a través das historias que o rodean

A Capela do Rosario de Tibiáns conta cun querubín, e o mesmo sucede en tres cruceiros

Tordoia. O Concello de Tordoia busca incentivar e ir retomando pouco a pouco a actividade cultural. Mentres a situación non o permite facer con total seguridade, optan por sacar iniciativas dende as redes sociais. É o caso do progama Tordoia cultural, a través do cal cada semana amosan curiosidades do patrimonio ou da historia da vila.

A última aborda unha singularidade que se observa na ventá da Capela do Rosario de Tibiáns, na parroquia da Viladabade. Trátase nin máis nin menos que dun querubín. Segundo contan fontes municipais os querubíns “veñen a ser representados como anxos. Son considerados gardiáns que protexen a gloria de Deus”, relatan. Asemade tres dos cruceiros do municipio contan con esta curiosa figura, que animan a descubrir á veciñanza.

A través desta actividade tamén puxeron en valor a fonte da Nosa Señora de Bardaos, ata onde os veciños e veciñas levaron en procesión á Santa para pedirlle que chovese, pois as colleitas íanse perder. Dende ese día considérase unha fonte milagreira porque as peticións fixéronse realidade. Outras das curiosidades amosadas foron as aras romanas do cruceiro de Santa Eulalia de Gorgullos, que probablemente proceden do culto dos Deuses Manes, espíritos de antepasados que protexían o fogar. A.P.

14 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.