Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tordoia volve desfrutar da súa renovada piscina

TORDOIA. A veciñanza de Tordoia desfruta por segundo ano dunha piscina mellorada, despois das reformas que se acometeron no verán de 2021. Este martes o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, supervisaron o resultado das obras de mellora da piscina exterior do municipio, que contaron cun orzamento total de case 40.000 euros, dos cales a Xunta achegou 20.000 € e o resto o goberno local. Trenor destacou a colaboración entre ambos para levar a cabo a limpeza e fixación de todas as losetas do recinto e a execución da pavimentación en formigón e en caucho para garantir a comodidade e a seguridade dos usuarios. O representante do Goberno autonómico recalcou que “o obxectivo destas achegas é o de apoiar a práctica deportiva nos concellos”. Segundo indicou Gonzalo Trenor “trátase de contribuír a potenciar o deporte, que ten un papel transcendental na sociedade”, dixo. C.E.

06 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.