Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Touro acolle ‘O pozo das señoras’ na casa da cultura o dez de marzo

TOURO. Con ánimo de conmemorar o Día da Muller (8 M), o Concello de Touro ten previsto amosar o vindeiro 10 de marzo na casa da cultura o espectáculo O pozo das señoras. Unha obra para a que hai que solicitar cita previa no teléfono 981 814566 ou no enderezo cultura@concellodetouro.gal. As prazas están limitadas a 30 e outorgaranse por orde de inscrición. O pozo das señoras “é un feixe de historias tradicionais e de autor xunto con coplas, romances e composicións propias”, explican dende o Concello. Todas elas están protagonizadas por mulleres. Ante as medidas de protección fronte a COVID, dende o goberno local lembran que os asistentes terán que estar no recinto antes da hora sinalada, que son as 17.00 horas, para evitar aglomeracións. O espectáculo está dirixido a toda a familia e a asistencia é totalmente de balde. A.P.

26 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.