Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

5 de novembro

Os veciños poden enviar fotos e vídeos das receitas // Tamén se convoca o concurso plástico

Estamos en pleno outono, e como non, é case obrigatorio celebrar o magosto para desfrutar das castañas galegas, un dos produtos máis apetecibles cando chega o frío. Este ano está a ser diferente en todos os sentidos debido á pandemia, así que tampouco se libran as celebracións otoñais. Con todo, trátase de tirar un pouco de imaxinación para poder sacar adiante certo tipo de eventos. É o caso da XII Feira da Castaña de Touro, que se celebrará o vindeiro 5 de novembro, e farase de forma virtual.

Según explican dende o Concello a feira gastronómica na que se ensalzan os produtos de outono “muda de rexistro para que todos e todas poidan participar de xeito online”, sinalan fontes municipais. “A dieta de festexos imposta pola nova normalidade a causa da pandemia da covid-19 obriga a satisfacer as preferencias do outono dun xeito diferente”, recalcan. Dende o goberno convidan aos veciños a enviar as fotografías das creacións culinarias que fagan nas súas casas, así como os vídeos do proceso, aos correos electrónicos: turismo@concellodetouro.gal e cultura@concellodetouro.gal. As imaxes difundiranse nas redes sociais municipais e toda participación terá premio. O prazo para enviar as imaxes e as receitas finaliza o 4 de novembro.

PINTURA Por outra banda, o Concello tamén convoca o IV Concurso Plástico Dona Castaña. Será igualmente dixital e está dirixido aos pequenos máis con vena artística. A idea é que envíen unha creación sobre a castaña, que logo será publicada nas redes sociais. O executivo local informa que todos os traballos terán premio e estableceranse tres categorías á hora de participar: Castaña Fresca (menores de 6 anos), Castaña Pilonga (de 6 a 12 anos) e Marron Glacé (de 12 a 16 anos).

E xa fóra deste froito, Touro vai ensalzar tamén outro produto típico desta época do ano: os cogomelos. Son moitos os concellos de Área que están a organizar xornadas micolóxicas e Touro súmase á iniciativa. Trátase xa da edición número XVI e está programada para o 7 de novembro ás 10.00 horas na casa da cultura municipal. Durante toda a xornada os participantes percorrerán os bosques do municipio para recoller cogomelos e fungos. Asemade o micólogo Jaime Blanco encargarase de impartir unha charla previa á ruta para ensinar aos participantes conceptos básicos que os axuden a recoñer os cogomelos por si mesmos.

Tanto a charla como o punto de saída dos roteiros será na casa da cultura. Por suposto ambas actividades adaptaranse aos protocolos anti-covid, e para evitar aglomeracións, dende o goberno local piden que os participantes acudan antes da hora sinalada. Os que desexen asistir poden anotarse chamando ao 981 814566 ata o día 5 de novembro. Dende o goberno animan a participar nestas propostas de outono a todos os veciños.

21 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.