Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Touro convida a percorrer a ruta do Coto de San Sebastián ata Brandelos

TOURO. Aproveitando a actuación do Obradoiro de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra 2019 no Coto de San Sebastián e Brandelos, o Concello de Touro deseñou unha ruta cifrada para coñecer este espazo, onde se atopan varios puntos de interese para facer turismo. O percorrido está sinalazado dende as covas (formacións que albergan unha gran riqueza xeolóxica e mineira) e ata Brandelos, pero pode facerse dende a cima do Coto. De feito, o alumnado do obradoiro limpou de maleza todos os camiños para que poidan ser transitados polos sendeiristas. Segundo explican fontes municipais no alto do Coto pode verse un mirador e os restos dun castro de forma ovalada. No entorno do mesmo, a parte das minas, existe un campamento romano do Castrillón, a 278 metros de altitude e separado polo cañón do Rego das Pucheiras do Castro. Ao pé do Coto atópase a capela de San Sebastián. En Brandelos, onde culmina o recorrido, ubícase un tradicional local de baños que alberga augas mineromedicinais. Este itinerario, duns tres quilómetros, complétase coa beleza da natureza que ofrece a fervenza do Batán, en Fontes Rosas, e con restos do patrimonio etnográfico como o dos muíños. É doado acceder a calquera dos puntos sen completar a ruta. A.P.

15 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.