Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Traballo pola Igualdade de xénero dende o grupo Ulla Tambre Mandeo

O GDR desenvolveu 3 accións para evitar a violencia machista cos CIM e Efa Piñeiral

O Pino. O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla Tambre Mandeo ten a loita pola Igualdade de xénero como un dos seus obxectivos transversais. Por segundo ano consecutivo a Secretaría Xeral de Igualdade conta cos GDR para combater a violencia sexista, de modo que o grupo Ulla Tambre Mandeo recibiu un presuposto de 8.500 euros que destinou a tres accións diferenciadas, en colaboración cos Centros de Información á Muller (CIM) de Arzúa, Melide, Touro E Vilasantar, e o centro EFA Piñeiral (en Arzúa). Este último organizou a proposta participativa chamada ‘Lingua Denuncia’, que consistiu na busca de frases machistas, que logo o alumnado plasmou nunha camiseta para reivindicar que deben desaparecer.

A segunda actuacion púxose en marcha entre os CIM da zona. Entre todos deseñaron viñetas explicativas sobre situacións cotiás que se dan nos inicios do círculo da violencia. Todas elas colocáranse en sitios estratéxicos de cada concello.

Por último, o GDR ubicou información básica sobre teléfonos de axuda e recursos gratuítos dispoñibles en todas as farmacias dos nove municipios para axudar ás mulleres do rural. A.P.

12 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.