Traducen a diáspora do avogado ordense Manuel García Gerpe ao galego
![O volume ‘Aramados’ e unha imaxe do finado avogado ordense García Gerpe. Foto: C.G O volume ‘Aramados’ e unha imaxe do finado avogado ordense García Gerpe. Foto: C.G](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/901x602/0c0/900d506/none/102922340/ODJG/arame_422-2461058_20210108202925.jpg)
Ordes. A editorial Alvarellos vén de reeditar en galego Aramados, a traducción da obra Alambradas, mis nueve meses por los campos de concentración franceses, do avogado ordense Manuel García Gerpe, e na que o autor reflicte o confinamento obrigado no país galo ao que eran sometidos os republicanos. Hai que lembrar que a obra inicial divulgouse no ano 1941 en Bos Aires, onde acabou emigrado García Gerpe (quen morrería con so 41 anos en 1949). O xurista foi, ademais, un dos persoeiros públicos de maior relevancia na vila de Ordes durante a Segunda República, onde Manuel Pazos o eleva a referente “político e cultural” da localidade. Alí, do mesmo xeito, conta cunha rúa que leva o seu nome. A edición de Aramados, que ten 164 páxinas, foi posible grazas a axuda do Concello de Oroso e da asociación cultural Obradoiro da Historia. m.m.