Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Trazo celebrou ao grande a Romaría de San Mateo

TRAZO. O municipio de Trazo viviu este mércores o día grande das festas patronais coa Romaría de San Mateo. Un dos momentos centrais do festexo foi a gran comida popular, na que a veciñanza estivo acompañada pola alcaldesa da vila, Fina Suárez; o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro; o de Frades, Roberto Rey; o de Ordes, José Luis Martínez; ou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. O delegado ao respecto quixo felicitar a Fina Suárez polo excelente traballo que está facendo ao fronte do goberno. “Fina sempre ten un proxecto ou unha idea nova que trasladarlle á Xunta porque sempre está pensando como mellorar a calidade de vida dos seus veciños”, sinalou. A cita contou tamén cunha pregoeira de excelencia: Rosalía Morlán, natural de Trazo. A música correu a cargo de Faíscas da Pontraga, Unión e Fuerza e a orquestra Os Satélites. Aínda queda celebrar o 24 o concerto de Treixadura e o día 25, Santa Lucía. A. PRADA

22 sep 2022 / 10:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.