Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unanimidade para solicitar melloras na seguridade vial de Frades

Piden que se revisen
as velocidades ao
seu paso por Abellá
na estrada AC-524

Frades. O pleno municipal de Frades aprobou por unanimidade a proposta do alcalde, Roberto Rey, de esixirlle á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña unha serie de melloras da seguridade viaria nas estradas da súa titularidade: a AC-524 Ordes-Lanzá, a DP-3801 Sigüeiro-Cimadevila e a DP-3802 Ordes-Ponte Carreira. Dous acordos sustentados noutros tantos informes técnicos presentados pola arquitecta municipal.

“No caso da AC-524 pedímoslle á Axencia Galega de Infraestruturas unha revisión das velocidades ao seu paso por Abellá, a mellora do firme en todo o tramo, a habilitación de dous pasos de peóns e o arranxo das fochancas no Pazo”, resume o alcalde de Frades, Roberto Rey. O informe técnico sinala que na actualidade os veciños e veciñas da parroquia de Abellá non dispoñen de ningún paso de peóns para cruzar a estrada, polo que se proporá a habilitación de dous pasos: un fronte á farmacia e o outro fronte ao consultorio médico. Así mesmo, o informe urxe a unha reparación no firme da estrada.

Especialmente necesaria, indican dende o Concello, é unha actuación no lugar de O Pazo, onde as grandes fochancas dificultan tanto o paso de peóns como de vehículos. Finalmente, sinálanse varios casos de lugares de especial concentración de persoas, como o punto 10.880 onde hai varios negocios. Tamén lle pedirán ao ente provincial que se rocen as cunetas e que se arranxen as varandas da ponte sobre o río Maruzo. C.E.

10 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.