Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Viaxan á Bretaña francesa as Efas galegas e participan nun programa de traballo

Desprazouse unha delegación de dez formadores e técnicos // Durante a estadía afondaron na metodoloxía da alternancia

Unha delegación de dez formadores e técnicos das tres Efas de Galicia desprazáronse á Bretaña francesa para participar nun programa de traballo centrado no intercambio de experiencias en materia da alternancia na formación profesional.

A federación rexional das MFR (centros equivalentes ás Efas no país galo) e as MFR de Bretagne foron as anfitrioas e organizadoras das xornadas de traballo que permitiron que os profesionais da Federación Efas de Galicia; Efa Piñeiral (Arzúa), Efa Fonteboa (Coristanco) e Efa A Cancela (As Neves), coñecesen un nutrido número de centros de formación e empresas do sector hortícola, agrícola, comercio, márketing ou loxística. Neles lévase a cabo a metodoloxía da alternancia; na cal o alumnado combina quincenas de formación na aula e na empresa ao longo de todo o curso académico. Este sistema aplícaseao longo de tódalas etapas educativas e incluso en licenciaturas profesionais en Francia.

Claude Richard, antigo director da Federación rexional das MFR, salientou a importancia de manter e consolidar boas relación coas empresas “elas son as que poden proporcionar a formación máis especializada para o alumnado, e ao mesmo tempo son as beneficiarias á hora de reclutar profesionais cunha formación idónea”, dixo. Directivos das MFR de Bretaña incidiron na relevancia de fortalecer os intercambios de aprendizaxe e formación entre España e Francia.

“Non son poucos os casos de alumnos que poden cursar grazas aos Erasmus estudos no estranxeiro, as movilidades entre os nosos centros de formación e as Efas españolas son moi habituais, o cal é realmente beneficioso para todos. Así é como facemos Europa”, apuntaron.

Pola súa banda, dende as Efas de Galicia tildan esta estadía como unha “experiencia moi positiva que permitiu afondar no sistema de traballo da alternancia, a interactuación co tecido empresarial e os axentes sociais”. A alternancia é a metodoloxía que empregan as Efas de Galicia e se fundamenta na posibilidade de que o alumno adquira coñecementos e técnicas na aula e en permanente contacto con profesionais e empresas durante a súa formación, de tal xeito que a súa inserción no medio laboral é máis doada e rápida.

17 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.